jueves, 29 de abril de 2010

Obxectivos

- Promover a participación de todos os veciños do Concello de Poio, involucrados e traballando conxuntamente nun proxecto común.

- Afianzar as relacións entre as distintas asociacións do Concello, que abarcan unha gran diversidade de ámbitos da cultura.

- Reivindicar e divulgar a teoría do Colón de Poio, co pensamento de que pode, a curto prazo, crear unha dinámica de desenvolvemento económico como fonte de ingresos adicional, a imaxe do que sucede en outros lugares do mundo vencellados a Colón.

- Fomento do Concello de Poio como lugar turístico, engadindo o Día de Colón ós demáis atractivos turísticos cos que xa contamos.

- Divulgación da Historia de Poio.

- Promoción externa do Concello de Poio.

- Apoio á Casa-Museo de Colón.

- Ofrecer a veciños e visitantes unha xornada de ledicia e participación en actividades non habituáis.