As Asociacións Cultural, Xuvenil e Deportiva Combrus, Vides Novas, Mare Podium, Club Mariño A Reiboa e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Poio, estamos organizando unha festa dedicada a Cristóbal Colón que terá lugar os días 18 e 19 de Xuño na localidade de Combarro, sendo o día 18 o Pregón e o día 19 a celebración da festa.
No evento contarase coa presenza de artesáns emulando a época e realizaranse tamén actividades para os máis pequenos como contacontos, confección de nós mariñeiros e de redes… Escenificaranse dós de cabaleiros, obras de teatro, haberá regatas de barcos, un soplador de vidro, ferreiros, canteiros, carpinteiros de Ribeira, actuacións musicais e xogos populares tanto para nenos como para adultos. Tamén se poderá acudir a unha exposición de documentos sobre a vida de Colón que sosteñen a teoría de que era de Poio.
En resumo, serán dous días nos que tanto esta bonita localidade como as súas xentes recrearán aquela época.