miércoles, 28 de abril de 2010

Actividades

A festa abrirase o día 18 coa lectura do Pregón da man do investigador Rodrigo Cota.
O día 19 será a celebración da festa, que comezará con debuxos de láminas, nudos mariñeiros e xogos populares para os máis pequenos e que durarán todo o día. A seguinte actividade, será o dó de cabaleiros con espadas da época. A continuación terá lugar unha representación teatral na que os músicos e outros artistas son expulsados do lugar e enviados a percorrer o resto das prazas coa súa musica e os seus trucos. Tamén haberá sitio nesta festa para as galiñas, que escaparán para dar unha volta e varios mozos e mozas serán os encargados de devolvelas ao seu sitio con moito agarimo. Antes de comer, presenciarase unha escena na que un home e unha muller serán sorprendidos roubando o traballo das palilleiras e, como consecuencia disto, serán aforcados tras recibir a bendición dun frade.
Xa pola tarde, os meniños e meniñas interrumpirán os seus xogos para descansar mentres escoitan un conto medieval. Os adultos tamén poderán disfrutar de xogos populares tales como carreiras de chalanas. Escenificarase da man do grupo "Teatro del Mar" unha reunión entre os mariñeiros de Pontevedra e os de Poio sobre os dereitos da pesca que desembocará nunha pelexa na que participarán numerosos mariñeiros de ambos bandos e armados con navallas e paus. Haberá unha actuación musical na que un grupo coral interpretará cancións populares. Seguidamente, a familia de Colón invitará a todos os presentes a viño de barril e refrescos. A Nao "A Galega", será abastecida de alimentos por parte dos mariñeiros de Poio. Para rematar un día dedicado a Colón no que tanto Combarro como as súas xentes recrearán aquela época, levarase a cabo a salva de canóns e despedida.